BANNER_AMARILLO_2 cortado

Campaña sensibilización sobre traballos seguros a calquera idade no sector eléctrico

Instalectro, co financiamento da Xunta de Galicia, lanza unha nova campaña de fomento da prevención de riscos laborais para concienciar ós traballadores e demais colectivo que forma parte do sector eléctrico da importancia da seguridade e saúde no traballo.

A campaña ‘SENSIBILIZACIÓN SOBRE TRABALLOS SEGUROS A CALQUERA IDADE NO SECTOR’, realizada ó abeiro da Orde do 3 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da PRL na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2017, está destinada a todas as idades, pero facendo así mesmo fincapé no colectivo de maior idade, cada vez máis frecuente.

Imaxe 1 web

Co eslogan CON TODOS OS SENTIDOS; A CALQUERA IDADE NO SECTOR como fío conductor, esta campaña estenderase ata finais de outubro e durante a mesma ofrecerase diferente información e recomendacións das medidas de seguridade:

  • NOTAS INFORMATIVAS SEMANAIS.
  • INFOGRAFÍAS.
  • MATERIAL DE SEGURIDADE: adhesivos de sinalización de risco eléctrico e dispositivos de bloqueo de seguridade.

Ademais organizarase un OBRADOIRO TÉCNICO: ‘A nosa seguridade laboral coa idade. Verificacións periódicas na baixa tensión’.

E por último, coincidindo coa finalización da campaña, difundirase un estudo realizado ó longo da mesma: DIAGNOSE DOS PROBLEMAS QUE SUPÓN O ENVELLECEMENTO Á SEGURIDADE E Á SAÚDE NO TRABALLO NO SECTOR ELÉCTRICO.

¡ANIMÁMOSVOS A PARTICIPAR NESTA ACCIÓN ACCEDENDO Ó MATERIAL E DIFUNDÍNDOO NO SEO DAS VOSAS EMPRESAS!

Co financiamento de

xunta logo

 

Descarga aquí o tríptico da campaña!

Diapositiva1

Descarga aquí o tríptico da campaña!

Diapositiva2

MATERIAL DISPOÑIBLE

LOGO_ALTACALIDADE

Obradoiro técnico 18/10/2017: INSCRÍBETE!

Obradoiro portada
PROXECTOS ANTERIORES FOMENTO DA PRL:

OUTROS PROXECTOS DE FOMENTO DA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Nos últimos anos, a Asociación de Instaladores Eléctricos e de Telecomunicacións da provincia de Ourense, INSTALECTRO, consciente da importancia que a prevención ten no sistema produtivo das empresas, ven desenvolvendo diversas actividades relacionadas coa seguridade e saúde laboral.

Estudo da realidade e necesidades preventivas no sector

PORTADA SEN TEXTO

‘ESTUDO DA REALIDADE E NECESIDADES PREVENTIVAS NO SECTOR’
Os riscos emerxentes, xestionemos o estres

Campaña de sensibilización ‘OS RISCOS EMERXENTES, XESTIONEMOS O ESTRES’
Guía de trastornos musculoesqueléticos

‘GUÍA DE TRASTORNOS MUSCULOESQUELÉTICOS no sector eléctrico’